A execución deste novo equipamento corresponderalle á empresa Conscy 2000, SL por un importe de 121.320 euros e estará operativa antes de que remate o ano. A báscula funcionará en modalidade electrónica e de autoservizo.
Os propietarios do polígono ratificaron os Estatutos e aprobaron a constitución formal da primeira Entidade de Conservación, Xestión e Modernización (ECOXEM) de Galicia. A nova entidade asumirá a xestión do polígono o 1 de xaneiro de 2026.
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro co tecido empresarial local nas instalacións do Centro de Promoción Económica do Polígono onde abordou a aprobación por parte do Consello da Xunta do PEOSE da ampliación.
Esta mañá púxose en servizo a primeira fase do novo vial que conectará o polígono coa Avenida de Razo, á altura do Centro Comercial Bergantiños. Este primeiro tramo transcorre ata cala Médico Xusto Martínez.
O Consello da Xunta deu luz verde de forma provisional ao proxecto de trazado da vía que conectará directamente o noso polígono coas estradas de Ordes (AC-413) e Santiago (DP-1914). A actuación xa está en exposición pública ata o 15 de setembro.
O próximo 1 de outubro terá lugar no Centro Social de Bértoa unha Xunta Xeral Extraordinaria de Propietarios para ratificar os Estatutos e proceder á constitución forma do a Entidade de Conservación, Xestión e Modernización do Polígono de Carballo.
A reunión tivo lugar nas instalacións do Centro de Promoción Económica e nela tamén participaron a directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial da Xunta de Galicia, representantes do Concello e da Comunidade de Propietarios do Polígono.
Nos próximos meses esta antiga demanda materializarase coa inclusión de dúas paradas de bus no noso polígono que darán servizo a sete frecuencias diarias da liña A Coruña – Carballo.